Rhododendron

Rhododendron
[PLANTA]

Xénero de plantas arbustivas perennifolias, da familia das ericáceas, con follas simples alternas, flores pentámeras, actinomorfas e corola campanulada ou infundibuliforme, e froitos en cápsula loculicida. Unhas das especies máis importantes son R. ferrugineum (rododendro) e R. ponticum, propio da rexión póntica meridional, que conta cunha subespecie denominada, endémica de Andalucía e Portugal.