Rial, pazo do

Rial, pazo do

Construción situada en Sobrán (Vilagarcía de Arousa). Realizada en varias etapas, destaca pola ornamentación barroca e polas torres cuadrangulares. Componse dun corpo central flanqueado por dúas torres e conserva o remate ameado ao longo de toda a cornixa e enriba das torres. Destacan varios escudos, dos que salienta o de Mariño de Lobeira. Foi declarado BIC en 1995.

Palabras veciñas

Rial, Nosa Señora do | Rial, O | Rial, O | Rial, pazo do | Riaño | Riaño, Diego | Riánsares, duque de