Rías Baixas

Rías Baixas

Denominación de Orixe creada pola Orde de 4 de xullo de 1988 da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes. A zona amparada para a produción dos viños protexidos pola Denominación de Orixe Rías Baixas atópase nas provincias de Pontevedra e no sur da provincia da Coruña, organizándose nas subzonas de val do Salnés, condado de Tea, O Rosal, Soutomaior e ribeira do Ulla. Realízase con uvas brancas de albariño, loureira branca ou marqués, treixadura e caíño, coas complementarias torrontés e godello, e con uvas tintas caíño tinto, espadeiro, loureira tinta e sousón, coas complementarias mencía e brancellado. Produce os viños brancos Rías Baixas Albariño, Rías Baixas Condado do Tea, Rías Baixas O Rosal, Rías Baixas Salnés, Rías Baixas Ribeira do Ulla, Rías Baixas e Rías Baixas barrica, e o tinto Rías Baixas. Os viños da variedade Albariño teñen unha cor amarela pallosa e brillante e posúen aromas florais e froitosos finos, son frescos e suaves. Os viños do Rosal e do Condado son de intensos aromas, aveludados e cunha lixeira acedume.

Palabras veciñas

Riario | Rías Altas | Rías Baixas | Rías Baixas | Rías Baixas, As | Riasón | Riau