riciáceo -a

riciáceo -a

(< lat científico Riccia, xénero de plantas)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás riciáceas.

  2. s f [PLANTA]

    Planta da familia das riciáceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia de hepáticas talosas, da orde das marchantiais, que se caracterizan pola presenza de moitas cámaras aeríferas, a ausencia de elaterios e por ter os anteridios, os arquegonios e os esporogonios afundidos no talo. Danse nas terras húmidas e na auga, e son máis abundantes no hemisferio austral.