ridículo -la
ridículo -la
(< lat ridicŭlu)
-
adx
Que provoca o riso por grotesco, extravagante, estúpido ou outros motivos.
Ex: Con esa gravata encarnada estás ridículo.
-
adx
Que ten escaso valor ou importancia.
Ex: O chalé vendeuse a un prezo ridículo.
-
s
m
-
Situación que provoca o riso ou a burla nos demais.
Ex: Sempre fuxiu do ridículo. OBS: Adoita empregarse nas construcións pór/poñer/quedar en ridículo. Ex: Non te poñas en ridículo por ninguén. Quedou en ridículo diante de todo o auditorio.
-
Actuación ou comportamento que produce riso nos demais.
Ex: Subiu ao escenario e o ridículo foi lamentable. OBS: Adoita empregarse na construción facer o ridículo. Ex: Fixeron o ridículo diante de todos.
-