Riestra, marquesado de
Riestra, marquesado de
Título concedido en 1893 por Afonso XIII a Xosé Riestra López. Sucedérono no título o seu fillo Raimundo Riestra Calderón II, marqués de Riestra desde 1923, e o seu neto, Antonio Riestra del Moral, III marqués de Riestra desde 1968. Trae por armas en campo de azul, un castelo de ouro e, saíndo da súa homenaxe, un brazo armado, de prata, cunha espada do mesmo metal, e a cada lado do castelo unha caldeira de ouro. Ao timbre, coroa marquesal.