Rigoletto

Rigoletto
[MÚS]

Ópera en catro actos, con música de Giuseppe Verdi e texto de Francesco Maria Piave, baseada en Le roi s’amuse de V. Hugo, estreada no Teatro la Fenice de Venecia o 11 de marzo de 1851. O fracaso da revolución de 1848 fixo que Verdi renunciase aos temas patrióticos para achegarse máis á psicoloxía dos personaxes. Nese sentido, esta ópera rompeu os moldes establecidos, pois o protagonista era un barítono maligno e o tenor abandonaba o papel de cabaleiro romántico para converterse nunha persoa vil.

Palabras veciñas

Righi, Augusto | Rigil Kent | rigodón | Rigoletto | rigor | rigor mortis* | rigorismo