Rimas
Rimas
[LIT]
Conxunto de setenta e seis composicións poéticas escritas por Gustavo Adolfo Bécquer ao redor de 1867. Coa perda do manuscrito durante a Revolución de 1868, o poeta debeu preparar outro exemplar, composto en parte de memoria, que foi finalmente publicado nun caderno titulado El libro de los gorriones (1871), editado por Augusto Ferrán, Narciso Campillo e Ramón Rodríguez Correa. Trátase de poemas dotados de musicalidade e dunha aparente sinxeleza, baixo a forma de composicións breves en versos asonantes, nos que o poeta trata sobre as súas emocións e lembranzas, experiencias convertidas en sentimentos, o amor e o desengano, a desesperanza e a morte.