rincocéfalo -la

rincocéfalo -la

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos rincocéfalos.

  2. s m [ANIMAL]

    Réptil da orde dos rincocéfalos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Única orde sobrevivente de réptiles, da superorde dos lepidosauros, caracterizados por ter dúas fosas temporais completas, un ollo pineal ben desenvolvido e vértebras de tipo anficélico con intercentros. Só existe unha única especie vivente, o tuatara (Sphenodon punctatus), nalgúns illotes do N de Nova Zelanda.

Palabras veciñas

1 rinchón | 2 rinchón | rinco- | rincocéfalo -la | rincocele | rincocelo -la | rincodeo