Riomaior, pazo de
Riomaior, pazo de
Construción situada en Cuíña (Ortigueira). Ten un corpo principal con forma paralelepípeda realizado con cachotaría e cuberto de lousa a catro augas, e conserva a capela e as antigas cortes dos cabalos. Rodéase dun muro con ornamentación nas pilastras da entrada.