Ripoll, Santa María de
Ripoll, Santa María de
Mosteiro beneditino situado en Ripoll. Fundado cara a 879 polo conde Wifredo I de Barcelona, a igrexa foi erixida polo conde Oliba no s XI. Foi un dos centros culturais máis destacados de Europa. A igrexa tiña cinco naves con acceso ás capelas laterais a través de machóns con arcadas de medio punto e cabeceira con sete ábsidas. A portada do mosteiro, de mediados do s XII, organízase arredor dunha porta central con arcos concéntricos sobre columnas flanqueadas por relevos escultóricos con escenas do Antigo e do Novo Testamento.