2 risco

2 risco

(

  1. s m

    Circunstancia ameazadora provocada por un perigo incerto.

    Ex: Aquilo implicaba un gran risco. Corren o risco de perdelo todo.

  2. s m

    Elemento que produce esa situación.

    Ex: Non corras riscos innecesarios.

  3. s m

    Continxencia previsible que cobre un seguro.

  4. [ECON]
    1. s m

      Incerteza derivada de todas as formas de actividade empresarial, como o feito de que as condicións de oferta e demanda no mercado difiran das que se esperaban, ou as contrariedades naturais como incendios ou accidentes, entre outras. A organización empresarial tenta reducir estes custos mediante os seguros ou as subcontratacións.

    2. risco cambiario

      Incerteza relativa á flutuación futura da cotización das divisas, que afecta aos activos ou pasivos crediticios, ou a outros compromisos adiados e denominados en divisas. Segundo o resultado desa evolución produciranse perdas ou ganancias a un termo determinado, tras converter as divisas en moeda estatal. Mediante un seguro é posible cubrir o risco cambiario dentro duns certos límites.

    3. risco crediticio

      Incerteza relativa ao cumprimento por parte do debedor, nunha operación de crédito (empréstito, crédito en sentido estrito, aval), das súas obrigas nos termos establecidos. Chamado tamén risco de solvencia, é a materia propia do negocio crediticio e hai que aplicarlle o know-how dispoñible para reducilo tanto como sexa posible, para o que se empregan técnicas de análise económico-financeira (capacidade crediticia empresarial, rating) e previsión económica.

    4. risco nacional

      Incerteza sobre o cumprimento dos compromisos dun crédito concedido ao estranxeiro a consecuencia das implicacións que poden ter os cambios nas condicións económicas, sociais e políticas do estado no que o debedor reside ou fai o investimento. A análise de crédito ten que ter en conta, ademais da capacidade crediticia empresarial (rating), a previsión sobre as circunstancias do estado en que se aplicará.

  5. función de risco [MAT]

    Función que constitúe un dos elementos esenciais na teoría da decisión estatística e que representa a esperanza matemática da perda L. Dados un espazo de probabilidade (H, A, M) e unha variable aleatoria x con valores en O k e dependente dun h H (con función de densidade f h ), considéranse as funcións de decisión d que asocian unha decisión a cada vector (x 1 ,..., x n ) de valores de n variables independentes coa mesma lei de x. Así mesmo, a función de perda L(h,d) mide a perda producida cando o estado h chega a termo e a decisión é tomada. A función de risco é definida mediante a fórmula:


    FORMULA

Palabras veciñas

riscada | riscar | 1 risco | 2 risco | Risco, Antón | Risco, Manuel | Risco, Sebastián