ritmo
(
-
s
m
Proporción de tempo entre diversos sons, movementos, fenómenos ou actos repetidos.
-
s
m
[MÚS]
Movemento que se lle imprime á música, da que constitúe un elemento esencial. Consiste na alternancia de sons fortes e débiles, longos e breves, nunha sucesión de sons, e xorde do autodesenvolvemento da frase musical. A sistematización do ritmo é o pulso regular ou tempo que aparecen en grupos de dous ou tres e nas súas combinacións compostas. A música sempre ten ritmo, pero pode non ter compás, que é a unidade métrica que serve para organizar esquematicamente o ritmo. Malia ser antagónicos ata certo punto, o ritmo e o compás compleméntanse, xa que grazas á regularidade do compás pode captarse a liberdade do ritmo. Divídese en ritmo isométrico, se cada tempo é múltiplo ou fracción dun compás co acento nun dos tempos, frecuentemente o primeiro, e ritmo multimétrico, cando os tempos son diferentes, sen acento fixo.
-
s
m
[LIT]
Repetición sucesiva dun elemento nun verso, do grego ñõèìόò ‘cadencia’. Nas literaturas clásicas grega e latina este elemento estaba conformado pola cantidade de sílabas, que se dividían en longas e breves, e pola súa distribución no verso. Non obstante, hai que destacar que xa desde o s V a C existiu unha clara tendencia a diferenciar na práctica rítmica os metros dos ritmos. Os primeiros nacen dunha sucesión definida de metros iguais segundo leis de isocronía; os ritmos, en cambio, aínda que poden localizarse agrupados en isocronía métrica, desenvólvense como sucesión de elementos, uns iguais, outros desiguais, dispostos período por período en coherencia do fluxo rítmico. Actualmente, o concepto de ritmo non ten que ser entendido como referido unicamente ao verso, senón que constitúe un aspecto que afecta a toda a creación literaria en xeral. Así, por unha banda hai teorías que postulan a ‘periodicidade’ como condición sine qua non do ritmo, mentres que outras sosteñen que este está configurado por unha sucesión non reiterativa de movementos. O primeiro punto de vista identifica ritmo e metro, e desbota o concepto de ‘ritmo da prosa’. As diversas linguas non concordan no elemento que constitúe a base do seu ritmo. O verso galego, en tanto que verso románico, obtén o seu ritmo do acento de intensidade ou calidade, que ordena en grupos as sílabas tónicas e átonas, e está determinado polo relevo fónico dos acentos da lingua. No ritmo é máis determinante o acento do verso ca o acento da palabra ou prosódico, o da conversa corrente e a prosa. Cada verso autónomo esixe polo menos dous acentos rítmicos: un forte, obrigatorio ao final do verso e que recae en vogal acentuada, e outro máis débil, oscilando entre as catro primeiras sílabas e que pode incidir en vogal tónica ou átona. Baseándose nas condicións da pronunciación galega e no seu acento de intensidade, fundamentándose na terminoloxía clásica pero sen que exista unha relación coas características de cantidade dos antigos versos, e sen que resulte demasiado satisfactorio o sistema de designación, propuxéronse cinco patróns ou esquemas de pés de verso rítmico ou acentuais: o iambo (x ´x), o troqueo ( ´x x), o dáctilo ( ´xx x), o anfímacro (x ´x x) e o anapesto (x x ´x). Desde o Renacemento, a poesía románica tentou apropiarse do ritmo, ademais das formas, da antigüidade, mediante dous procedementos básicos e distintos: a transposición das regras cuantitativas clásicas ao sistema románico, dun xeito mecánico e violentando o xenio da lingua; e a adaptación ata onde sexa posible dos ritmos clásicos aos metros propios, acentuais, respectando con máis naturalidade a súa autonomía e as súas esencias. Triunfou este último camiño, e moitos dos ritmos e das formas de adaptación clásica do Renacemento volveron retomarse e empregarse durante o neoclasicismo e o romanticismo.
-
s
m
[ESTRATIG]
Recorrencia ou repetición, a intervalos máis ou menos frecuentes e irregulares, dun conxunto ou secuencia de estratos na sucesión estratigráfica. A orixe dos ritmos pode ser debida a unha repetición periódica dos movementos de subsidencia da zona de sedimentación, de alzamento ou de pregamento, das áreas que son fonte de sedimentos, ou a unha alternancia estacional climática.
-
[FISIOL/ECOL]
-
s
m
Fenómeno característico dos procesos vitais que se presenta cunha regularidade periódica, ben a escala celular, como o ritmo de división celular, ben a escala do organismo (circadiano, estacional, etc). Un ritmo marcado pola variación de factores externos -como os que ocorren ao pasar do día á noite- considérase esóxeno, e un ritmo indiferente á acción dos factores externos considérase endóxeno.
-
ritmo circadiano
Ritmo de actividade interna que se presenta regularmente, cunha frecuencia dun ciclo en cada período de arredor de 24 horas, nun organismo subtraído á acción dos fenómenos exteriores que seguen a alternancia día-noite. Presupón a existencia dun reloxo biolóxico.
-
ritmo estacional
Ritmo que varía a estrutura de certas comunidades co paso de cada estación.
-
s
m
-
[FISIOL]
-
s
m
Fenómeno que se repite a intervalos regulares.
-
ritmo cardíaco
Sucesión a intervalos regulares das contraccións cardíacas. Fálase de taquicardia cando os latexos do corazón están acelerados, e de braquicardia cando, pola contra, o corazón bate lentamente.
-
s
m