Riza, ponte

Riza, ponte

Construción situada sobre o río Arenteiro, ao seu paso por Longoseiros (O Carballiño). Localízase no antigo Camiño Real de Pontevedra e está realizada en cantaría, con dous arcos deformados e tallamar triangular. A calzada realizouse con faixas de pedra e coio.