RNA-polimerase

RNA-polimerase
  1. s f [BIOQ]

    Enzima de síntese capaz de polimerizar os ribonucleósidos trifosfatos e formar poliribonucleósidos utilizando como molde o DNA (RNA-polimerase dependente de DNA) ou o RNA (RNA-polimerase dependente de RNA).

  2. RNA-polimerase de Ochoa [BIOQ]

    Enzima RNA-polimerase que cataliza reaccións de síntese de RNA sen necesidade de moldes e sen unha secuencia definida. Produce unha lise das cadeas vellas de RNA utilizando P i , de forma que se obteñen nucleótidos libres a nivel difosfato.

  3. RNA-polimerase dependente de DNA [BIOQ]

    Enzima RNA-polimerase de transcrición que require un molde de DNA, catro ribonucleósidos trifosfatos e catións divalentes. O alongamento da cadea realízase mediante o enlace do grupo 3’-hidroxil da ribosa ao 5’-fosfato do nucleósido que se une. OBS: Tamén se coñece como transcritase.

  4. RNA-polimerase dependente de RNA [BIOQ]

    Enzima RNA-polimerase implicada na réplica do virus de RNA de dobre cadea. Require os catro ribonucleósidos trifosfatos, un molde de RNA e catións divalentes. É análoga ao RNA-polimerase dependente de DNA.

  5. RNA-polimerase mitocondrial [BIOQ]

    Enzima RNA polimerase constituído por unha soa cadea polipeptídica, de peso molecular 64.000, cunha actividade non afectada pola á-amantina senón que se inhibe coa rifampicina, a acriflavina e a actinomicina D. OBS: Tamén se coñece como RNA-polimerase IV.

Palabras veciñas

RMN | Rn | RNA | RNA-polimerase | RNA-replicase | RNE | Roa