Rochon, prisma de
Rochon, prisma de
[FÍS]
Sistema óptico que consiste nun romboedro de espato de Islandia, composto por dous prismas unidos con bálsamo de Canadá ao longo dunha das diagonais do romboedro. No primeiro prisma, a cara que vai recibir o raio de luz está cortada perpendicularmente ao eixe óptico, e o segundo paralelamente. O raio de luz divídese en dous, o raio ordinario e o raio extraordinario. Este é refractado ao pasar dun prisma a outro, pero o primeiro non sofre ningunha desviación e xorde aliñado co raio incidente.