rock and roll*
-
s
m
[MÚS]
Modalidade de música lixeira que xurdiu a mediados da década de 1950 en EE UU, de ritmo 4/4, fortemente acentuado nos tempos segundo e cuarto. Orixinariamente era unha versión branca do rythm and blues, propio dos negros estadounidenses. Coa aparición de intérpretes brancos, como Bill Haley e, sobre todo, Elvis Presley, acadou unha audiencia masiva. A finais desa década xa eran numerosos os intérpretes e os compositores, e estendeuse a Reino Unido, onde tivo unha grande implantación grazas aos grupos The Beatles, The Rolling Stones ou The Who. Impúxose como un dos sinais de identidade máis característicos da mocidade da época en Europa e noutros países do mundo.
-
s
m
[MÚS]
Estilo de danza de 4 ou 6 tempos que se baila ao son da música homónima. Ten unha modalidade acrobática.