rococó
(
-
adx
Relativo ou pertencente ao rococó.
-
s
m
[ARTE]
Estilo artístico europeo da primeira metade do s XVIII que se caracteriza por querer representar formas da natureza e elementos chineses. Afectou a todas as artes, pero foi moi característico deste estilo a porcelana, que acababa de introducirse en Europa. Orixinouse en Francia a partir dos estilos Rexencia e Luís XV, e foi esencialmente interiorista e dunha gran liberdade decorativa. A arquitectura triunfou fóra de Francia, como nas construcións relixiosas de Baviera e Austria (Sonderrokoko) e no barroco andaluz e o hispanoamericano, que engadiron formas autóctonas ás rococó.
-
s
m
[MÚS]
Estilo musical orixinario de Francia que se estendeu a Europa, do s XVIII (1725?-1780) que se caracteriza polo predominio da ornamentación delicada, elegante e algo superficial na melodía, que lembra características semellantes ás das artes plásticas. Destacaron os compositores F. Couperin, G. P. Telemann e D. Scarlatti. OBS: Tamén se coñece como estilo galante.