roman courtois*

roman courtois*
[LIT]

Expresión que se empregou a miúdo para designar xenericamente un gran conxunto de narracións novelescas medievais longas (ss XII e XIII), en verso ou prosa, en que predominaba a cortesía cabaleiresca e a ideoloxía do amor cortés, en oposición ao realismo ou ao popularismo. Dentro desta rúbrica colocáronse textos como as primitivas versións do Tristán en verso, as narracións de Chrétien de Troyes, e os extensos Lancelote e Tristán en prosa.

Palabras veciñas

Román | Román | Román | roman courtois* | Roman de la rose | Román I Lecapeno | Román II o Novo