rómbico -ca

rómbico -ca

(< rombo)

  1. adx

    Que ten a forma dun rombo.

  2. sistema rómbico [FÍS]

    Sistema cristalino con tres clases de simetría, en que o poliedro fundamental é un paralelepípedo rectangular, forma composta de tres pinacoides básicos. As arestas do poliedro fundamental son os eixes cristalográficos do sistema e forman tres ángulos rectos: á=â=ã. A bipirámide rómbica formada por oito caras ten forma de triángulos escalenos, corta os tres eixes fundamentais segundo parámetros desiguais a, b, c. OBS: Tamén se denomina sistema ortorrómbico.