roncador -ra

roncador -ra

(< roncar)

  1. adx e s

    Que ou quen ronca.

  2. s m [ANIMAL/ICT]

    Peixe mariño que pode acadar os 60 cm de lonxitude. Presenta un corpo groso, curto e alto, de sección transversal subtriangular, de cabeza grande e fociño curto. A pel é espesa e forte con numerosos tubérculos óseos, a liña lateral non está ben marcada, a primeira aleta dorsal só existe nos máis novos e nos adultos está envolta pola pel e aletas pélvicas unidas por unha ventosa. É de color gris mouro no dorso e máis claro nos flancos; na época de posta o macho ten a parte superior dunha cor azul moura mentres na femia é verde azulada. Especie bentónica que vive nos fondos rochosos entre os 50 e 150 cm de profundidade. Aliméntase de crustáceos, vermes, moluscos, medusas e pequenos peixes. Os ovos véndense nos países nórdicos como sucedáneo de caviar.

Palabras veciñas

Ronaldo | roñar | Roncadoira | roncador -ra | Roncaglia, Aurelio | Roncalli, Angelo Giuseppe | roncar