roncón

roncón

(

s m [MÚS]

Tubo sonoro da gaita que emite un son constante e característico. Está formado pola unión de tres pezas de madeira que se encaixan unhas nas outras. A prima é unha peza cilíndrica cun conduto interior polo que pasa o aire que se insire por un dos seus extremos (espigo) na buxa do roncón. Nesta parte do espigo vai colocado o pallón, que é o que produce o son do roncón. O outro extremo introdúcese, mediante outro espigo, no terzo, que é outra peza cilíndrica semellante á anterior. Unida a esta sitúase a última peza, a copa, que toma o seu nome da forma que adopta na súa parte final. En moitas gaitas de finais do s XIX e principios do XX a copa era un elemento independente que se encaixaba no tubo cilíndrico e así permitía unha mellor afinación. Este extremo oco con forma de copa actúa como caixa de resonancia do roncón e é o que transforma o son agudo do pallón no son grave característico do mesmo. A afinación do roncón conséguese alongando ou acurtando a distancia entre as pezas ata conseguir que o roncón emita un son dúas oitavas por debaixo da tónica do punteiro.

Palabras veciñas

Ronchamp | ronco | roncollo | roncón | roncoso -sa | Roncudo | ronda