Ronseltz

Ronseltz
[PUBLIC]

Revista publicada na Coruña a partir de xuño de 1986. Subtitulouse “Cóctel literario”. Promovida polo colectivo poético do mesmo nome e editada polo Colexio Universitario da Coruña, foi unha publicación de carácter poético caracterizada polo seu afán innovador e rupturista. Rexeitou a normativa oficial do galego, optando por variantes próximas ao portugués e seguindo unha liña transgresora e provocadora. Aínda que a presentación da revista era limitada, contiña colaboracións literarias creativas que empregaban técnicas propias das vangardas.