Rosalía

Rosalía
[ONOM]

Antropónimo feminino de etimoloxía discutida. Podería proceder do latín Rosalia, nome co que os romanos designaban unha festa anual en que se colgaban grilandas de rosas nas tumbas; outra explicación é que provén dun composto dos nomes Rosa e Lía, aínda que máis ben se debía tratar dun nome xermánico, probablemente Ruozelin, composto de hroth- ‘fama, sona’ e, como segundo elemento, linda, lind ‘escudo’. Presenta os hipocorísticos Rosa e Chicha.