rosario

rosario

(< lat rosarĭu)

  1. [RELIX]
    1. s m

      Práctica devocional que se orixinou no s XII e foi difundida polos cistercienses. Consistía en rezar 150 avemarías en lembranza dos 150 salmos; por iso tamén se chama salterio de María. San Domingos de Guzmán engadiulle a contemplación dos misterios ou episodios da vida de Cristo e da nai de Deus. Así a devoción quedou dividida en tres partes, cada unha delas con cincuenta avemarías repartidas en cinco de dez, iniciándose coa contemplación dun misterio (de gozo, dor ou gloria) e un nosopai, e acabando cun gloria.

    2. rosario da aurora

      Devoción practicada colectiva e procesionalmente polos cargos dunha poboación e que consistía en cantar o rosario na primeira hora da mañá. Facíase en datas sinaladas, concretamente o primeiro domingo de maio ou Rosario de Maio e a primeira semana de outubro, arredor da festa do Rosario, que se celebra o primeiro domingo de outubro.

  2. s m [RELIX]
    1. Sarta de doas, agrupadas de dez en dez, separadas por unha doa máis ou menos grosa e unidas por un fío ou cadea que as atravesa. Con el cóntanse as avemarías e os glorias do rosario.

    2. Nome xenérico dado, nas relixións non cristiás, ás sartas de doas que se utilizan para contar pregarias.

  3. s m

    Serie longa de cousas relacionadas.

    Sinónimos: sarta.
  4. s m [ANAT]

    columna vertebral.

  5. rosario raquítico [PAT]

    Manifestación de raquitismo que consiste na aparición dunhas nodosidades en serie ao longo da unión das costelas cos cartílagos costais.

Palabras veciñas

Rosamunda Rosmunda | rosanilina | rosar | rosario | Rosario | Rosario | Rosario