rosca

rosca
  1. s f [ALIM]

    Pan ou doce redondo, non moi alto, que presenta un buraco no medio.

    Confrontacións: roscón.
  2. s f

    Cada unha das voltas dunha espiral ou o conxunto delas.

  3. s f

    Fenda en forma de espiral que teñen os parafusos arredor e as porcas por dentro.

  4. s f [TECNOL]

    Resalte helicoidal que se fai nun parafuso, nun porlón ou noutra peza cilíndrica (rosca macho ou rosca exterior), ou no interior dun furado cilíndrico (rosca femia ou rosca interior), que debe coincidir co resalte helicoidal dunha peza complementaria, é dicir, unha rosca macho cunha rosca femia, que se axustan facendo virar unha respecto da outra. Unha rosca está determinada polo seu filete, polo seu paso, pola profundidade do filete, polo ángulo dos flancos, polo diámetro nominal e polo diámetro do núcleo. Segundo o perfil do filete as roscas poden ser de diferentes tipos: as triangulares son as máis empregadas, as trapezoidais son utilizadas nos casos en que os esforzos se exercen sempre no mesmo sentido, as redondeadas teñen o perfil redondo e son utilizadas nos mecanismos sometidos a choques e as planas teñen o perfil cuadrangular e son empregadas cando cómpre evitar que os filetes exerzan esforzos radiais. Os ángulos dos flancos máis utilizados nas roscas triangulares son os de 60° (roscas métricas) e os de 55° (roscas Whitworth). Xeralmente, os seus elementos enróscanse no sentido das agullas do reloxo (roscas á dereita), pero algunhas veces empréganse as roscas á esquerda.

  5. s f [ARQUIT]
    1. Conxunto de doelas que forman un arco pola súa parte frontal.

    2. Grosor ou ancho dun arco ou dunha bóveda.

  6. s f

    Coleóptero que afecta aos cultivos de patacas, millo e outras plantas da horta.

  7. rosca de Arquímedes [TECNOL]

    parafuso de Arquímedes.

Frases feitas

  • Pasarse de rosca

  • 1 Desgastarse as roscas do parafuso e provocar o xiro inútil deste para apertalo.

  • 2 Excederse.

Palabras veciñas

ROSAT | Rosaura | rosbif | rosca | roscar | Roscelin | Roscher, Wilhelm