rosmar

rosmar

(< orixe onomatopeica?)

  1. v i

    Emitir sons roucos os animais ao sentirse ameazados.

    Ex: O can rosmou toda noite polos raposos.

    Sinónimos: roncar, roñar.
  2. v i

    Emitir sons ou palabras incomprensibles entre dentes, xeralmente en sinal de enfado ou desaprobación. Na tradición oral recóllense ditos como: “Anque moito rosmades, a min non me enganades. Quen moito rosma, pouca razón ten”.

    Ex: O noso mestre rosma cando non estamos calados.

    Sinónimos: roñar.
  3. v i

    Rifar a alguén por facer ou dicir algo que non está ben.

    Ex: Miña nai rosmou porque tiñamos o cuarto desordenado.

    Sinónimos: roñar.
Conxugar
VERBO rosmar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
rosmo
rosmas
rosma
rosmamos
rosmades
rosman
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
rosmaba
rosmabas
rosmaba
rosmabamos
rosmabades
rosmaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
rosmei
rosmaches
rosmou
rosmamos
rosmastes
rosmaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
rosmara
rosmaras
rosmara
rosmaramos
rosmarades
rosmaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
rosmarei
rosmarás
rosmará
rosmaremos
rosmaredes
rosmarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
rosmaría
rosmarías
rosmaría
rosmariamos
rosmariades
rosmarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
rosme
rosmes
rosme
rosmemos
rosmedes
rosmen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
rosmase
rosmases
rosmase
rosmasemos
rosmasedes
rosmasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
rosmar
rosmares
rosmar
rosmarmos
rosmardes
rosmaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
rosma
-
-
rosmade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
rosmar
rosmares
rosmar
rosmarmos
rosmardes
rosmaren
Xerundio rosmando
Participio rosmado
rosmada
rosmados
rosmadas