rostral
rostral
(< lat rostrale ‘curvado’)
-
adx
Relativo ou pertencente ao rostro.
-
columna rostral
[ARQUIT]
Columna cuxo fuste se decoraba con rostros ou esporóns dunha embarcación, que para os romanos eran o símbolo da vitoria naval.
-
coroa rostral
[BÉL]
Coroa que se daba ao soldado que primeiro saltase armado á nave inimiga.