Rotea de Mendo, laxe da

Rotea de Mendo, laxe da

Gravado rupestre situado no lugar das Minas (Campo Lameiro). Presenta varios cérvidos, dos que destacan un cunha gran cornamenta, falo longo e bramando. Tamén están representados círculos sinxelos e cazoletas, e outros gravados difíciles de recoñecer. Foi declarado BIC en 1975.

Palabras veciñas

rotativo -va | rotatorio -ria | Rotblat, Joseph | Rotea de Mendo, laxe da | rotenona | Roth, Henry | Roth, Joseph