Rover
Rover
Empresa británica dedicada á fabricación de automóbiles, unha das máis antigas e importantes de Reino Unido, fundada en 1904 a partir dunha fábrica de bicicletas que foi creada por John Kemp Starley e William Sutton en 1877 e que tomou o nome de Rover en 1896. En 1919 fabricaron un automóbil de 8 CV, moi barato, que constituíu o primeiro éxito da empresa, aínda que os seus maiores éxitos foron os vehículos todo terreo Land Rover, fabricado desde 1948, e o Range Rover. Co nome de Rover Group, forma parte da British Leyland Motor Corporation. Despois dunha forte crise económica integrouse na Bayerische Motoren Werke (BMW), agás Land Rover que pertence ao grupo Ford.