Roxelio
Roxelio
[ONOM]
Antropónimo masculino que provén do xermánico Hrodger, Hrodegar, latinizado en Rodegarius, Rodigerius, composto de *hroth ‘gloria, fama’ e ger, gar, ‘lanza’, ‘lanza gloriosa’, ou ben ‘famoso pola súa lanza’. Presenta a variante Roxerio.