Roza das Modias, anta da

Roza das Modias, anta da

Monumento megalítico situado en Alba (Vilalba). Incluído nun conxunto funerario formado por seis medoñas, está composto por unha cámara poligonal de enormes dimensións (12 m de diámetro e 1,50 m de altura) integrada por oito laxes chantadas inclinadas cara ao interior e que non presenta cuberta. A mámoa está cuberta na súa maior parte. Conserva unha serie de gravados que foron localizados na parte interior de catro lousas que representan liñas onduladas dispostas de xeito paralelo en dirección vertical sobre a superficie pétrea, que poden ser interpretadas como serpes, símbolo da fertilidade.

Palabras veciñas

Royer-Collard, Pierre Paul | roza | Roza | Roza das Modias, anta da | Rozacús | rozada | Rozadas