rúa

rúa

(<

    1. s f

      Espazo urbano flanqueado de edificios ou solares destinado ao tránsito público, para permitir o acceso ás diferentes partes dun pobo ou cidade e a comunicación entre eles.

      Confrontacións: camiño, vía, camiño.
    2. s f

      Casas situadas neste espazo urbano.

    3. s f

      Conxunto de habitantes que viven nas casas dunha rúa.

    4. rúa cega

      Rúa que non ten saída por un dos extremos.

    5. rúa maior

      Rúa principal dunha poboación de estrutura urbana tradicional.

    6. rúa peonil

      Rúa de uso exclusivo para os peóns.

    7. rúa travesa

      Rúa que une outras máis grandes.

  1. s f

    Camiño ou paseo libre entre as fileiras de calquera plantación.

  2. s f

    Espazo que está fóra ou á intemperie por oposición aos interiores.

  3. s f [DEP]

    Cada unha das subdivisións da pista, a piscina ou o campo de competicións, reservada para a actuación individual de cada concursante.

  4. s f

    Festa ou diversión popular, xeralmente nocturna.

Frases feitas

  • Estar/quedar na rúa. Non ter onde vivir nin de que manterse.

  • Botar a alguén á rúa. Despedir a alguén do seu emprego ou deixar en liberdade.

  • Deixar/poñer a alguén na rúa. Despedir a alguén do seu posto de traballo ou arruinar a alguén.

  • Muller da rúa. Muller prostituta.

Refráns

  • A rúa do rei para todos é.
  • As dez deixa a rúa para que n quixer.
  • Saín á rúa e avergonceime; entrei na miña casa e remedieime e consoleime.

Palabras veciñas

RU | Ru āfa, Al- | Ru āfī, Abū ‘Abd Allāh Mu | rúa | Rúa | Rúa | Rúa