Rúa Nova, pazo da

Rúa Nova, pazo da

Construción situada en András (Vilanova de Arousa). Edificouse no s XVI no terreo dunha antiga fortaleza do s XV. Ten planta en forma de L, cunha capela no ángulo das dúas ás, construída en 1751. No corpo da torre hai unha solaina apoiada sobre pilastras e unha cheminea rematada con pináculos. Foi declarado BIC en 1976.