Rudolfinas, táboas
Rudolfinas, táboas
[ASTRON]
Táboas astronómicas elaboradas por J. Kepler e publicadas co nome de Tabulae rudolphinae (1627), en honor ao Emperador Rodolfo II, que o nomeou astrónomo real. Estas táboas, que asimilaron os postulados de Copérnico, substituíron todas as táboas anteriores. Ademais da posición dos planetas, contiñan táboas de índices de refracción e de logaritmos, xunto a un catálogo, elaborado a partir das observacións de Tycho Brahe, de 1.005 estrelas.