Ruffini, regra de
Ruffini, regra de
[MAT]
Método para comprobar, dados un polinomio p(x) e un valor a, se este valor é solución da ecuación p(x) = 0, é dicir, se x-a divide o polinomio p(x). O método dá, ademais, o polinomio p(x)/(x-a), e así, sucesivamente, pódese chegar por reiteración a determinar todas as solucións reais do polinomio. Este método é de especial utilidade con polinomios de grao superior a tres, porque a resolución é moi complicada, e sobre todo no caso dun grao superior a cinco, en que non existe tal resolución alxébrica por cuadraturas.