Rutherford, modelo atómico de

Rutherford, modelo atómico de
[FÍS]

Modelo atómico postulado por E. Rutherford en 1911 a partir dos resultados do seu experimento. Propuña que o átomo estaba constituído por un núcleo, que ten concentrada toda a carga positiva e a case totalidade da masa atómica e, xirando arredor deste, os electróns, cunha velocidade tal que a súa forza centrífuga ten que compensar a forza de atracción electrostática exercida polo núcleo. O número de cargas positivas do núcleo ten que ser igual ao número de electróns que xiran ao seu redor.

Palabras veciñas

rutherford | Rutherford, Ernest | Rutherford, experimento de | Rutherford, modelo atómico de | rutherfordio | rutilante | rutilar