recristalización

recristalización

(

  1. s f

    Acción e efecto de recristalizar.

  2. s f [XEOL/FÍS/QUÍM]

    Formación dunha nova cristalización no seo dunha rocha. Se é endóxena, ten lugar por accións internas químicas, térmicas ou mecánicas que produciron a fusión dalgúns dos seus elementos cristalizados, que, despois, unha vez variadas as condicións, cristalizan de novo. Se a rocha é esóxena, ten lugar por medio da diaxénese, onde intervén tamén a presión e a circulación de augas mineralizadoras que depositan substancias que logo cristalizan no seo da rocha.

  3. s f [IND]

    Proceso de formación de novos cristais, iniciado nalgúns puntos dun metal ou dunha aliaxe deformada en frío, que acaba por absorber os cristais existentes antes da deformación e do inicio do proceso. Iníciase ao someter o metal ou a aliaxe a un quentamento a partir da temperatura inicial de recristalización; ao mantela, van aparecendo novos cristais que chegan a substituír totalmente os antigos.

  4. s f [QUÍM]

    Método de purificación de compostos cristalinos consistente na disolución destes en solventes apropiados quentes, para que, ao arrefriaren, subministren unha forma cristalina máis pura.