retroalimentación
(
-
s
f
[FÍS]
Acción de aplicar, nun sistema calquera, unha fracción do sinal de saída novamente á entrada para que actúe tamén sobre o sistema. Un dos sistemas provistos de retroacción é o servosistema. En electrónica aplícase nos amplificadores e pode ser en fase ou en oposición de fase.
Sinónimos: realimentación, retroacción. -
s
f
[BIOL]
Regulación da resposta dentro dun sistema (molécula, célula, organismo ou poboación) que inflúe sobre a actividade ou a produtividade do sistema, que está constituído por elementos interactuantes que poden presentar moitos estados diferentes en función dos estados dos outros. Cómpre distinguir a retroacción negativa ou homeostática, que conserva o equilibrio entre dous valores límite e tende a ese equilibrio, da positiva, que tende a desequilibrar o sistema por unha autoaceleración da desviación.
Sinónimos: realimentación, retroacción.