Revista Follas Secas
Revista Follas Secas
[PUBLIC]
Revista publicada en Ourense a partir de maio de 1985. Subtitulada “Información, creación e humor”, foi dirixida por Manuel Díaz e Xosé Manuel del Caño. Como publicación de información e creación intelectual, incluíu composicións literarias, caricaturas e humor gráfico a cargo de Xaquín Marín, Xosé Lois ou Pepe Carreiro. A portada incluíu reproducións de gravados de artistas consagrados e contou con colaboracións literarias de destacados escritores galegos de tendencia nacionalista.