Revolución Cubana

Revolución Cubana

Proceso revolucionario que puxo fin ao réxime ditatorial de Fulgencio Batista en Cuba. Protagonizado por Fidel Castro, a súa orixe remóntase ao ataque frustrado ao cuartel Moncada de Santiago de Cuba en 1953, polo que Castro foi condenado a prisión. Conseguíu a amnistía e exiliouse en México, onde fundou o Movimiento 26 de Julio e preparou o regreso a Cuba xunto cos seus adeptos. En 1956 desembarcaron do Granma en Niquero, na zona sueste da illa, e comezou a loita guerrilleira en Sierra Maestra. En 1958 a resistencia urbana e a guerrilla rural estableceron unha fronte común, ocupando en xaneiro de 1959 La Habana. Fidel Castro converteuse en primeiro ministro, iniciando a reforma agraria e urbana. A raíz das represalias económicas de EE UU (1960), asináronse diversos tratados comerciais e diplomáticos coa URSS, decantándose a revolución máis cara ao socialismo. Castro creou o PURS (Partido Unido de la Revolución Socialista), partido único baseado no Partido Socialista Popular (comunista), transformado en 1965 no Partido Comunista de Cuba. A constante presión de EE UU mantén a revolución en dificultades constantes.