Rosa Sensat
Rosa Sensat
Nome que, desde 1980, recibe a Associació de Mestres Rosa Sensat, institución fundada e promovida por Marta Mata no ano 1965 co nome de Escola de Mestres Rosa Sensat. Creada basicamente por un grupo de mestres, tivo un papel fundamental na constitución doutros grupos e movementos de renovación pedagóxica en toda a xeografía española. Anualmente organiza as Escolas d Estiu a onde acoden todos os sectores implicados na construción da renovación pedagóxica e na formulación do que debera ser unha nova escola pública catalá. Cada ano convoca os Premis d Educació, ademais de publicar unha importante edición de material didáctico e de editar as revistas Perpectiva Escolar e Infancia en catalán e esta última tamén en castelán.