Rosa-Cruz
Rosa-Cruz
Sociedade secreta orixinada en Alemaña (s XVII) ligada posteriormente á francmasonaría. Aínda que a creou, segundo a lenda, o cabaleiro xermánico Christian Rosenkreuz (s XV), non se divulgou a súa existencia ata comezos do s XVII. Os ocultistas reuníronse baixo a invocación de Rosenkreuz, co propósito de acadar a paz e unha relixión común. No s XIX reconstituíronse novas sociedades. O seu símbolo é unha rosa e unha cruz superpostas.