Rosario, Advocación mariana

Rosario, Advocación mariana

A orixe desta devoción xurdiu da suposta aparición da Virxe a san Domingos de Guzmán (1213), na cidade occitana de Albi. Parece ser que esta lle entregou ao santo unha sarta de doas e convidouno a recitar o rosario para honrar os misterios (de gozo, dor e gloria) da súa vida. Ata finais do s XVI, o culto e devoción ao Rosario limitouse aos conventos dominicanos e ao seu ámbito de acción. A súa festividade celébrase o 7 de outubro, e naceu dunha anterior na honra a Santa María das Vitorias, para conmemorar a Batalla de Lepanto (7 de outubro de 1571).

Palabras veciñas

Rosario | Rosario | Rosario ou Regueiro dos Mouros | Rosario, Advocación mariana | Rosario, El | Rosas, Juan Manuel de | ROSAT