1 s

1 s
  1. s m [ESCR]

    Décimo oitava letra do alfabeto galego, denominada ese.

  2. s m [FILOL/LING]

    Grafía que representa o fonema consonántico fricativo alveolar xordo /s/. En posición explosiva realízase como apicoalveolar [ ªs] (selo [‘ªselo], cousa [‘kowªsa]. En posición implosiva admite varias realizacións: a) [ ªs] fricativo apicoalveolar xordo ante consoante xorda ou en posición final ante pausa ou ante vogal (cuspir [kuªs’piɾ], as aves [aªs’a<âeªs], os outros [oªs’owtɾoªs]); b) [6ªs] fricativo apicoalveolar sonorizado ante consoante sonora (prosma [‘pɾɔ6ªsma], vesme [‘be6ªsme]); c) [s j ] fricativo semipalatalizado xordo diante de consoante palatal xorda (vímoscha [‘bimos j tÙʃa]); d) [65s j ] fricativo semipalatalizado sonorizado diante de consoante sonora (fasllo [‘fa65s j ʎo]). Ademais o /ªs/ pode verse afectado por diversos fenómenos fonéticos: a) o rotacismo, en que o / ªs / implosivo, en determinados contextos, pode articularse como [r] (lesma [‘lεrma], os dedos [or’<ðe<ðoªs]), que se dá especialmente na parte suroriental do territorio galego; b) o seseo, rexistrado na parte occidental do territorio galego, en que a ausencia de /θ/ fai que este se realice como fricativo laminoalveolar [s] (seseo predorsal) ou como apicoalveolar [ ªs] (seseo apical); c) a aspiración en [Ó] do /ªs/ implosivo (desde [‘deÓ<ðe]), que se dá esporadicamente no occidente da Coruña, no concello de Vilalba e mais no Val Miñor (Pontevedra); e d) a palatalización do /ªs/ implosivo, que se dá en contextos fónicos determinados e só en falantes de certas modalidades seseantes (as mozas [a6ªs’mosas j ]/[a6ªs’mosaʃ]. Diacronicamente a grafía <s> procede fundamentalmente: a) dunha consoante alveolar xorda S- en posición inicial (saúde < SA-LŪTE, segar < SĔCĀRE); b) dunha consoante xeminada fricativa alveolar xorda en posición intervocálica (misa < gal medieval missa < MĬSSA, paso < gal med passo < PASSU); c) dun -S- intervocálico, que sonorizou durante a Idade Media, pero modernamente confluíu na xorda (cousa < CAUSA, rosa < RŎSA); d) mantemento dos grupos -SP- e -ST- (áspero < AS-PĔRU, mosto < MŬSTO; e e) mantemento do grupo -SC- en posición medial diante de vogais a e o (esca < ĒSCA, connosco < CŬM NŌSCU).

Palabras veciñas

Rzewuski, Henryk | R’azan’ | R’azan’ | 1 s | 2 s | S |