SA

SA
Nome científico: [Sturmabteilung ‘sección de asalto’]
  1. s f

    Organización paramilitar do Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei. Fundouse en Baviera (1921) e reorganizouna E. Röhm. Ao comezo da década de 1930 formou un verdadeiro exército político que xogou un papel decisivo na conquista do poder por parte do Partido Nazi. Despois da Noite dos Coitelos Longos (1934), A. Hitler decidiu relegala a uns labores propagandísticos e pasou a ser unha organización máis figurativa.

  2. s m

    Membro da Sturmabteilung. OBS: Tamén se denominan camisas pardas, debido ao seu uniforme.