sábado

sábado

(< lat sabbătu < hebršabbath ‘día de descanso’)

  1. s m

    Sexto día da semana no cómputo antigo e sétimo no cristián, situado entre o venres e o domingo.

  2. sábado santo/sábado de gloria [RELIX]

    Derradeiro día da Semana Santa en que se celebra a vixilia pascual.

Refráns

  • Cando o sábado chove e o domingo antes da misa, poi a semana adiante verás que risa.
  • Nin sábado sen sol nin moza sen amor nin vella sen dor.
  • Non hai sábado sen sol nin moza sen amor nin vello sen dor.
  • Non hai sábado sen sol nin romeiro sen flor nin rapaza sen amor.
  • Quen o sabado vai ao muiño, pouca tolga ten o domingo.

Palabras veciñas

Sabadelle | Sabadelle, pazo de | sabadellenco -ca | sábado | Sábado | Sabadón | Sabah