Sabedoría, Libro da

Sabedoría, Libro da
[RELIX]

Libro deuterocanónico do Antigo Testamento. É un dos chamados libros sapienciais, de autor descoñecido, escrito en grego arredor do ano 50 a C, para os xudeus de Alexandría que vivían baixo a ameaza continua de ser seducidos polo paganismo exipcio. Titulado Óïöίá Óáëùì ῶ íïò (Libro da Sabedoría de Salomón), o seu tema central é unha invitación á procura da xustiza, a vontade divina e a sabedoría, conceptos mutuamente equivalentes, baixo o estímulo dunha inmortalidade benaventurada.

Palabras veciñas

sabedeiro -ra | sabedor -ra | sabedoría | Sabedoría, Libro da | sabeísmo | sabela | Sabela