sabotaxe

sabotaxe

(

  1. s f
    1. Feito de destruír algo voluntariamente para impedir o seu funcionamento.

    2. [POLÍT]

      Técnicas de loita do sindicalismo revolucionario de acción directa, represalia económica ou política, que consiste na destrución ou deterioro dos edificios ou dos materiais dunha empresa e así impedir ou obstaculizar o funcionamento normal do traballo.

    3. [BÉL]

      Acción militar dirixida para diminuír o potencial bélico e obstaculizar o funcionamento dos servizos dun inimigo interno ou externo.

  2. s f
    1. Acción que se fai co fin de que algo fracase.

    2. [POLÍT]

      Acción que, por motivos políticos, atenta contra a seguridade dos medios públicos de transporte, obstaculiza o funcionamento dos servizos públicos ou leva a cabo actos de destrución, co fin de minar as institucións estatais ou a política dun goberno.

Palabras veciñas

saboroso -sa | sabotador -ra | sabotar | sabotaxe | Sábrata | sabre | sábrego