Saccharomyces
Saccharomyces
[FUNGO]
Xénero de fungos endomicetais, da familia das sacaromicetáceas, que producen a fermentación de azucre. A especie S. cerevisiae e as súas distintas variedades teñen un papel básico na industria alimentaria, xa que se empregan no proceso de produción de bebidas alcohólicas, especialmente da cervexa e do viño.